Presentación

Wulfila Translations é o nome comercial empregado por Jairo Dorado Cadilla, traballador autónomo do eido da tradución, interpretación e localización con alta en Alemaña. Son licenciado e teño un DEA en Tradución, Interpretación e Paratradución. Proporciono servizos de tradución, interpretación e localización para compañías e clientes particulares. Ademais, proporciono asesoramento técnico en proxectos de tradución ou localización e tamén á hora de organizar un evento multilingüe que precise de servizos de interpretación. Nalgúns casos concretos proporciono os meus servizos de balde.

Nacín en Vigo, nunha familia galegofalante. Dende o ano 2000 vivín en varios países: Austria, Eslovenia, Hungría Serbia, Bosnia e Hercegovina e, dende o ano 2013, resido en Alemaña. Son falante nativo de galego e castelán. Falo tamén con fluidez inglés, bosnio/croata/serbio, portugués e alemán; teño un bo nivel de esloveno e húngaro. Teño coñecementos intermedios de francés e italiano e coñecementos básicos de hebreo moderno e lituano.

Galego