A localización implica coller un produto e facelo lingüística e culturalmente axeitado para o destino desexado no que se ha usar e vender.
LISA (Asociación de Normas da Industria da Localización)
Localización
A industria da localización é fundamental a día de hoxe e a tradución, dentro dela, ten un papel senlleiro. Non pode investir un esforzo titánico na creación do seu programa informático, aplicación móbil ou sitio web e logo non o localizar como é debido cando estea listo. Un bo profesional da tradución é clave se procura chegar á unha audiencia internacional ou expandir o seu negocio fóra da súa cultura e mercado inicial.

Experiencia
Conto cunha ampla experiencia traballando en proxectos de localización, dende o contido de sitios web até videoxogos, aplicacións móbiles ou programas informáticos. A localización require dunha serie de habilidades especiais
Clientes
Varios dos meus clientes son empresas cunha presenza en liña relevante; porén, para min, sempre é un desafía adicional traballar para startups que están a se esforzar por facer que o seu produto sexa un éxito mundial. Conto con certa experiencia xestionando equipos de localización e proporcionando apoio lingüístico durante o proceso de internacionalización de aplicacións móbiles e programas informáticos.

Sexa o caso que for, póñase en contacto comigo en info@wulfila.eu – pode que eu sexa o parceiro que lle falta no seu proxecto!