Interpretación

A interpretación, en liñas xerais, caracterízase pola súa inmediatez: os intérpretes presentan unha primeira, e definitiva, versión dunha mensaxe expresada previamente en tempo real cun uso comunicativo inmediato.

Franz Pöchhacker

Veño traballando coma intérprete dende hai máis de 15 anos en todos os modos e modalidades
Dende o 2019 son un Axente intérprete de conferencia (ACI) acreditado perante as institucións da Unión Europea para traballar con croata, inglés, portugués e galego ao castelán.
Dende o 2003 son intérprete xurado de inglés e galego nomeado pola Xunta de Galicia.

Combinación lingüística

15609039_805288079611161_124668296_o
Linguas “A”
Castelán
Galego
Linguas “C”
Alemán, bosnio, croata, esloveno, inglés, portugués e serbio

Retorno (linguas “B”)
Ofrezo un retorno básico en todas as miñas linguas “C”. Dependendo de varios factores, traballo con varias das miñas linguas “C” como se fosen linguas “B” (é dicir, interpreto dende o castelán ou galego a estas linguas). Póñase en contacto comigo para máis detalles.

Experiencia

Coma autónomo, a miña experiencia inclúe clientes de todo tipo, en todo tipo de situacións e cunha ampla variedade de temas. Alén da miña experiencia coma autónomo, traballei para a Comisión Internacional sobre Persoas Desaparecidas (ICMP) coma intérprete en negociacións diplomáticas, obradoiros técnicos, conferencias internacionais e xuntanzas intergobernamentais.
Á marxe do tema e do cliente, a confidencialidade e a neutralidade, valores fundamentais dos meus principios éticos, están garantidos.
Para a preparación do vocabulario técnico emprego InterpretBank6.
Prema aquí para descargar o meu CV (en inglés) dende unha nova pestana.

Pode pórse en contacto comigo en info@wulfila.eu ou nos teléfonos +4915204477980 (Alemaña) ou +32483508743 (Bélxica)

Galego