Benvidos!

Welcome – Bienvenidos – Willkommen – Dobro došli – Добро дошли – Bem-vindos

Chámome Jairo Dorado Cadilla e son un tradutor, intérprete e localizador profesional residente en Berlín, Alemaña. Dende hai máis de 15 anos veño proporcionando servizos de tradución, interpretación e localización dende o alemán, o bosnio, o croata, o esloveno, o inglés, o portugués e o serbio ao castelán e ao galego.
Son licenciado en Tradución e Interpretación e obtiven un DEA en Tradución en Paratradución pola Universidade de Vigo.
Son membro de distintas organizacións profesionais coma a AGPTI , a ASETRADe a BDÜ.

Experiencia profesional

Alén de traballar coma autónomo, a miña experiencia profesional inclúe un período na Comisión Internacional sorbe Persoas Desaparecidas (ICMP) en Saraievo coma intérprete e tradutor e máis coma coordinador de proxectos para Latinoamérica. Tamén traballei coma xestor de servizos para unha compañía internacional do eido da tradución, adquirindo un fondo coñecemento desta industria, e coma xestor de contidos para unha importante start-up. A miña experiencia profesional tamén inclúe postos a tempo parcial na Universidade de Belgrado e un lectorado de galego na Freie Universität de Berlín. Tamén escribín varios artigos académicos.

Servizos de tradución

Veño traballando coma tradutor dende hai xa máis de 15 anos, verquendo ao galego ou ao castelán todo tipo de documentación escrita en alemán, bosnio, croata, esloveno, inglés, portugués e serbio e traducindo tamén entre o castelán e o galego.
Son tradutor xurado de inglés e galego.

No tocante ao uso de FTA, son propietario das versións SDL 2019, MemoQ (8.3) e Wordfast (Pro) e teño experiencia tamén traballando con Memsource e Wordbee.

Servizos de interpretación

Proporciono servizos de interpretación ao castelán e ao galego dende o alemán, bosnio, croata, esloveno, inglés, portugués e serbio así como entre o galego e o castelán.
Dende 2019 son un axente intérprete de conferencias (ACI) acreditando perante as institucións da Unión Europea para traballar dende o inglés, portugués e croata ao castelán.
Dende o 2003 son intérprete xurado de galego e inglés.

A tarefa do tradutor é levar un presentar un texto escrito nunha lingua noutra, facendo así dispoñible material que, do contrario, sería inaccesible.
Susan Bassnett

Traducións literarias

Teño experiencia traducindo literatura ao galego dende o alemán, croata, húngaro e serbio. Eis un listado das miñas traducións publicadas até hoxe.

Galego